Novas
Convenio de colaboración entre o Ateneo de Santiago e a Real Academia Galega de Ciencias
- Compartir
O mércores, 8 de maio, o Presidente do Ateneo de Santiago, Manuel López-Rivadulla, e o Presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan M. Lema Rodicio, formalizarán un convenio de colaboración co obxecto de propiciar un maior achegamento entre ambas as entidades.
O acto de sinatura terá lugar ás 13h no local social do Ateneo de Santiago, sito na Praza de Salvador Parga, 4-2º.