Novas
Festival Ateneo Barroco 2023
A quinta edición do Festival de Música Antiga e Barroca Ateneo Barroco celebrarase do 3 ao 25 de outubro de 2023
- Compartir
O Ateneo de Santiago presenta a quinta edición do Festival de Música Antiga e Barroca (Ateneo Barroco) para o mes de outubro de 2023. Unha proposta musical orixinal e singular en Galicia, tanto polos seus contidos como pola súa concepción, tomando como punto de partida as músicas antigas e do Barroco, que ben poden simbolizar un período de intercambio e diálogo cultural en Europa e nas que podemos atopar un espello no que mirarnos e inspirarnos para que, a través da música como linguaxe universal, se poida impulsar a comprensión, a tolerancia e a solidariedade, imprescindibles para unha convivencia en paz.
Cada ano dende a súa creación, o Festival Ateneo Barroco propón unha nova perspectiva de achegamento ao vasto e riquísimo mundo da música antiga e barroca na súa busca constante por ofrecer puntos de vista e de reflexión, de abordaxe e descubrimento.
Neste ano 2023 baixo o título “A/O INTÉRPRETE: INVESTIGACIÓN E RECUPERACIÓN, PERSPECTIVAS E VISIÓNS, INNOVACIÓN E RECREACIÓN”, os seis concertos que compoñen a programación do Festival reivindican a figura do intérprete, non só como músico senón tamén a súa transcendencia como creador e recreador preparado e xeneroso que, en moitas ocasións, combina o seu labor como investigador e estudoso coa preparación e presentación de programas de concerto atraentes para o público e coa propia interpretación, incuestionable demostración do talento e do xenio de artistas que atopan e vehiculan a súa fonte de inspiración a través do seu medio de expresión musical, o seu instrumento e/ou a súa voz.
ACCESO Á VENDA
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
CONFERENCIA INAUGURAL
Jean-Philippe Rameau, retrato íntimo
ANDRÉS ALBERTO GÓMEZ
Rúa do Vilar, 19
Luns 9 outubro 2023
19.30h
CINEMA, DOC, MÚSICA…
DE OCCULTA PHILOSOPHIA
Daniel V. Villamediana. 2012
Andrés Alberto Gómez, director musical
Rúa do Vilar, 19
Martes 3 outubro 2023
19.00h
A TRADICIÓN OCULTA
MANUEL VILAS
Rúa do Vilar, 19
Martes 17 outubro 2023
19.00h
FARINELLI, IL CASTRATO
Gérard Corbiau. 1994
Rúa do Vilar, 19
Martes 24 outubro 2023
19.00h
COMPOSITORES, XÉNEROS E CONTEXTOS (introdución aos concertos)
Compositores, xéneros e contextos # 1
ABEL / A VIOLA DA GAMBA
SARA RUIZ
Igrexa da Universidade
Martes 4 outubro 2023 | 20.00h
Compositores, xéneros e contextos # 2
RAMEAU / CUARTETOS
ANDRÉS ALBERTO GÓMEZ
Igrexa da Universidade
Martes 10 outubro 2023 | 20.00h
Compositores, xéneros e contextos # 3
HAENDEL / A CANTATA
JONE MARTÍNEZ / MASSIMO SPADANO
Salón Teatro
Luns 16 outubro 2023 | 20.00h
Compositores, xéneros e contextos # 4
A ARTE DA FUGA / BACH
KENNETH WEISS
Teatro Principal
Mércores 18 outubro 2023 | 20.00h
Compositores, xéneros e contextos # 5
ROMANCES, BAILAS E TOADAS DO BARROCO HISPANO
VANESA MUELA / MANUEL VILAS
Teatro Principal
Venres 20 outubro 2023 | 20.00h
Compositores, xéneros e contextos # 6
BIBER E O VIOLÍN / SONATAS DO ROSARIO
LINA TUR BONET
Salón Teatro
Mércores 25 outubro 2023 | 20.00h