Novas
Cándido Conde-Pumpido, conferenciante no Ateneo, elixido Presidente do Tribunal Constitucional
- Compartir
Vídeo da conferencia «Xustiza e corrupción, que é o que falla?», impartida no Ateneo o 20 de abril de 2015
O Pleno do Tribunal Constitucional (TC) elixiu o pasado día 11 de xaneiro ao veterano maxistrado Cándido Conde-Pumpido como o seu novo Presidente, tras superar na votación a María Luisa Balaguer por un estreito resultado, inclinándose a favor do Ex-Fiscal Xeral por seis votos a favor, fronte a cinco en contra, segundo fontes xudiciais.
A presidencia é un posto de suma importancia porque controla os tempos dos asuntos a manexar que, nesta nova etapa, abordará dende a eutanasia ata a Lei Celáa, a Lei da infancia ou o ingreso mínimo vital, co polémico recurso do aborto parado no tribunal de garantías 12 anos e aínda sen data de resolución.
Conde-Pumpido ten previsto modular a súa presidencia apostando por sacar do caixón os temas máis controvertidos do tribunal para poñelo ao día porque entende que o órgano non pode desentenderse deles e que é tarefa do Presidente apretar para, polo menos, debatelos no Pleno. Ten dous anos e medio por diante.
Xunto a el estará Inmaculada Montalbán, elixida Vicepresidenta da institución.
Ver noticia en La Voz de Asturias
Ver noticia en El País