Novas

BASES DO II PREMIO ATENEO CINEDUCA

Compartir

 

1.- As obras terán unha duración aproximada de entre 8 e 30 minutos, incluídos títulos de crédito, e tratarán, en xeral, temas relacionados con experiencias educativas ou procesos de aprendizaxe, historia e memoria da educación e metodoloxías de ensino.

2.- Recoméndase que as pezas presenten unha ratio 16:9 ou 4:3 (gravación horizontal) e deberán ter unha resolución HD (1280 x 720 píxeles), ou ben Full HD (1920 x1080), que a maioría de equipos de gravación xa incorporan por defecto.

3.- Cada centro poderá presentar cantas obras desexe.

4.- Para facer chegar as pezas enviarase un enlace privado ao enderezo electrónico do Ateneo de Santiago: ateneo@ateneodesantiago.gal 
No corpo do correo electrónico achegaranse os seguintes datos:
   - Nome do centro educativo
   - Título da obra presentada
   - Nome do docente que titorizou o grupo de traballo
   - Nivel educativo do equipo técnico e artístico integrante
   - Unha sinopse de ata 500 caracteres
   - Duración

5.- O prazo para o envío das obras remata o 17 de febreiro de 2023.

6.- As obras recibidas serán obxecto de selección a cargo dun xurado presidido polo Presidente ou Vicepresidente do Ateneo de Santiago e composto por un profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago; un representante da Sección Arte, Educación e Cultura do Ateneo de Santiago; dous profesores do Departamento de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Santiago; un profesor dun centro de ensino medio; e un profesor dun centro de ensino primario. Actuará de Secretario, con voz pero sen voto, un representante do Ateneo de Santiago.

7.- O xurado seleccionará os 3 mellores traballos presentados, que recibirán un diploma e serán visionados e comentados na Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA). No caso de ser elixida para a súa exhibición, o centro deberá achegar unha copia dixital mp4 ou en DVD. 

8.- Establécese un primeiro premio dotado con mil euros e un accésit de cincocentos euros, que o centro educativo deberá dedicar a equipamento audiovisual. 

9.- O fallo do xurado será inapelable e a participación implica a aceptación destas bases.

10.- As obras premiadas poderán ser divulgadas polo Ateneo de Santiago e non xerarán dereitos de autor.

Descargar as bases