Novas

Álvaro García Ortiz, conferenciante no Ateneo, novo Fiscal Xeral do Estado

En 2018 converteuse no membro do Consello Fiscal máis votado de España, con 956 papeletas de 2.850 profesionais, o que lle deu unha maior proxección pública

Compartir

 

Vídeo da conferencia «Xustiza democrática e poder político», impartida no Ateneo o 10 de decembro de 2018

Noticia de La Voz de Galicia

Álvaro García Ortiz (Lumbrales, Salamanca, 1967) chegou á cima da carreira fiscal de forma inesperada, aínda que está considerado como unha das estrelas do gremio desde o mesmo momento no que obtivo a praza. 

Licenciado en Dereito pola Universidade de Valladolid , cidade na que viviu ata os 28 anos, estivo destinado en Menorca e aterrou en Santiago a comezos do milenio para asumir a nova área de Medio Ambiente. Desde alí labrouse fama de profesional afable, moi traballador e cunha man excepcional para as caricaturas. 

Antes formara parte dos fiscais do caso Prestige, onde coincidiu con moitos outros protagonistas da vida política e empresarial española nestes momentos, como o número dous de Inditex , Óscar García Maceiras, ou a titular da Avogacía do Estado, Chelo Castro. «Era sólido e solvente. Sorprendeu a todos ao usar un powerpoint para as conclusións, algo inusual entón», lembra un letrado que formaba parte das acusacións particulares.

En 2018 converteuse no membro do Consello Fiscal máis votado de España, con 956 papeletas de 2.850 profesionais, o que lle deu unha maior proxección pública a pesar do seu alto nivel de discreción en Galicia. Á Secretaría Técnica da Fiscalía Xeral do Estado chegou en marzo do 2020, pouco despois de que Delgado fose nomeada.

Ver a noticia completa