Novas

OBRAS GAÑADORAS DO PREMIO ATENEO CINEDUCA 2022

Compartir

 

1º PREMIO ATENEO CINEDUCA 2022 - MONTE VIVO (IES Félix Muriel, Rianxo)
Titora: Sofía Rama
Nivel educativo do equipo: 4º ESO
Sinopse: narra, dende a óptica dos alumnos e a través das entrevistas realizadas aos distintos responsables pedagóxicos, civís e políticos, a memoria do que foi o gran incendio dos montes de Rianxo do ano 2019, ademais de amosar a evolución do proxecto nacido a raíz deste feito como resposta educativa aos lumes. 

 

 

ACCÉSIT DO PREMIO ATENEO CINEDUCA 2022 - O CRIME PERFECTO (DETRÁS DAS CÁMARAS) (IES Rosalía de Castro, Santiago de Compostela)
Titor: Javier Turnes
Nivel educativo do equipo: 2º Bacharelato
Sinopse: trata o problema da falta de recursos do método tradicional educativo obtidos nos anos escolares para buscar solucións a problemas reais. Con este método desenvólvese a capacidade creativa, apréndese a manexar o equipo de traballo e ordenar as ideas para seleccionar unhas ou outras, mantendo unha visión crítica. O traballo en equipo e compromiso cos compañeiros e co proxecto son esenciais para a aprendizaxe. Búscase co método a satisfacción persoal tras aplicar na práctica o discutido na aula e que o resultado da colaboración e do esforzo sexa visible nun produto final.

 

 

MENCIÓN HONORÍFICA DO PREMIO ATENEO CINEDUCA 2022 - LA BUENA ELECCIÓN (Centro Escolapios, Monforte)
Titor: Javier Saco
Nivel educativo do equipo: 4º ESO
Sinopse: Nuria é unha rapaza triste e solitaria que pasa por un momento difícil. No día do seu aniversario sucede algo na escola que a empurrará a tomar unha decisión límite. Esta curta aborda o problema das tendencias suicidas que se poden dar en adolescentes que pasan por estados depresivos e mesmo agravados por unha contorna tóxica na escola que o profesorado, ás veces, non é quen de advertir. Con este proxecto educativo preténdese xerar debate sobre esta cuestión, transmitindo unha mensaxe vital e positiva.

 

MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Bases do PREMIO ATENEO CINEDUCA