Novas

Conferencia «Na procura do feralismo na historia de Galicia» de Ramón Villares (Asociación Federalista de Galicia)

O acto terá lugar o xoves, 19 de maio, ás 19.30h na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela)

Compartir

O xoves, 19 de maio, ás 19.30h a Asociación Federalista de Galicia ten programada na Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a conferencia «Na procura do feralismo na historia de Galicia», impartida por Ramón Villares, Catedrático emérito de Historia Contemporánea da USC.

Ramón Villares Paz é Catedrático de História Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela dende 1987 e foi Presidente do Consello da Cultura Galega entre 2006 e 2018. Foi Decano da Facultade de Xeografía e Historia no período 1986-1990, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1990 e 1994 e membro fundador e Presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea (1996-2002). Tamén foi Director en Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (1997-2005) e, dende 2006, é membro numerario da Real Academia Galega. Pertence a varios patronatos de centros e fundacións como o Museo do Pobo Galego, a Fundación Juana de Vega, a Fundación Luis Seoane ou o Centro Galego de Arte Contemporánea, entre outros.