Novas

AXENDA URBANA 2030 COMPOSTELA

As e os ateneístas poden enviar as súas suxestións e propostas ao enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal, indicando no asunto AXENDA URBANA 2030, antes do día 18 de abril.

Compartir

 

Rematada a fase de diagnose da cidade de Santiago de Compostela con respecto ás directrices marcadas pola Axenda Urbana 2030 de Nacións Unidas, o Concello de Santiago presenta o marco de referencia estratéxica da cidade para a vindeira década.

Ver o documento

Unha vez feita a diagnose e co obxectivo de identificar e deseñar as liñas estratéxicas de actuación, ábrese a fase propositiva que recollerá as suxestións da cidadanía compostelá. Neste momento da segunda fase estanse solicitando a diversas persoas expertas e grupos de interese, entre os cales se atopa o Ateneo de Santiago, achegas concretas nalgún ou en todos os seguintes Grupos de Impulso e Seguimiento:

  1. ECONOMÍA
  2. DIMENSIÓN CIDADÁ
  3. MOBILIDADE E TERRITORIO
  4. COHESIÓN SOCIAL
  5. EDUCACIÓN, CULTURA, PATRIMONIO E ARTE
  6. SUSTENTABILIDADE E TRANSICIÓN VERDE

Así pois, as e os ateneístas poden enviar as súas suxestións e propostas ao enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal, indicando no asunto AXENDA URBANA 2030, antes do día 18 de abril.