Novas

MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

A Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) desenvolverase do 19 de abril ao 18 de maio de 2022 en diferentes salas da cidade de Santiago de Compostela como o Teatro Principal e a sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19)

Compartir

 

O cinema posúe unha virtualidade educativa que posibilita e logra cambios significativos na sociedade e, ao tempo, recolle e analiza as distintas problemáticas que se producen no seu seo. Deste xeito convértese nun instrumento moi valioso para proporcionar os elementos necesarios para o debate sobre as finalidades e modalidades educativas que unha sociedade ten que formularse.

A Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) desenvolverase do 19 de abril ao 18 de maio do presente ano e terá lugar en diferentes salas da cidade de Santiago de Compostela como son o Teatro Principal e a sede de Afundación. O horario de realización das proxeccións previstas será entre as 19.00 e as 21.30 horas, iniciándose cunha presentación da obra de aproximadamente dez minutos para, despois da proxección da película, rematar cun coloquio entre os asistentes.

Esta mostra complétase cun conxunto de pezas audiovisuais realizadas nos centros de ensino, procurando así impulsar a creatividade, fomentar a expresión a través dos novos medios e dar a coñecer o traballo levado a cabo neste eido por ensinantes e alumnado. Atendendo a este obxectivo, esta convocatoria vai dirixida a todos os niveis educativos e escolas audiovisuais e deberá cumprir cos requirimentos indicados nas bases.

PROGRAMACIÓN:

CONFERENCIAS E DEBATES
19.30h. Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)

Conferencia «Educación en valores a través do cine»
Participa: Miguel Vázquez Freire, Profesor de Filosofía no Ensino Medio.
Luns, 25 de abril

Mesa redonda «Educación e maltrato»
Participan: Manuel Armas, Coordinador dos equipos de orientación escolar para problemas de conduta; Esther Martínez Piñeiro, Directiva das ANPAS; e Madó Domínguez, Psiquiatra Infantil.
Modera: Miguel Zabalza, Prof. Emérito da USC.
Luns, 9 de maio


PROXECCIÓN DE PELÍCULAS
19.00h. Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)

A clase (Entre les murs)
Francia, 2008. Director: Laurent Cantet
Presenta: Miguel Zabalza, Catedrático de Didáctica e Organización Escolar da USC
Martes, 19 de abril

A herdanza do vento (Inherit the wind)
USA, 1960. Director: Stanley Kramer
Presenta: Antón Porteiro, ex-Asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia
Martes, 26 de abril

Os días do pasado (Los días del pasado)
España, 1977. Director: Mario Camus
Presenta: José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor emérito da USC
Martes, 3 de maio

Ser e ter (Être et avoir)
Francia, 2002. Director: Nicolas Philibert
Presenta: Fernando Redondo Neira, Profesor de Comunicación audiovisual da USC
Mércores, 4 de maio

Os nenos de San Xudas (Song for a raggy boy)
Irlanda, 2003. Director: Aisling Walsh
Presenta: Manuela Palacios, Profesora de Filoloxía Inglesa, experta en literatura e cultura irlandesa
Martes, 10 de maio

O bo mestre (Les grands esprits)
Francia, 2017. Director: Olivier Ayache-Vidal
Presenta: Xosé Armas, Director do Departamento de Didácticas aplicadas da USC
Mércores, 11 de maio


PREMIO ATENEO CINEDUCA
19.00h. Teatro Principal
Proxección dos traballos seleccionados
Entrega de Premios e clausura da Mostra
Mércores, 18 de maio


Bases do PREMIO ATENEO CINEDUCA

Díptico

 

NOTA: Estas actividades enmárcanse no programa Cultura por alimentos de Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidamos a todos os asistentes a colaborar con esta campaña solidaria mediante a doazón de alimentos non perecedoiros, os cales se poderán depositar na entrada da sede da Rúa do Vilar.