Novas

Sinatura dun novo Convenio de colaboración coa Asociación Cultural Asubío

Compartir

 

Este mércores, 27 de outubro, ás 19.30 horas terá lugar a sinatura dun novo convenio de colaboración entre o Ateneo de Santiago e a Asociación Cultural Asubío. 

No acto, que se levará a cabo no local social do Ateneo (Pr. Salvador Parga, 4-2º), estarán presentes, por parte do Ateneo, o Presidente Manuel López-Rivadulla e o Tesoureiro Antón Porteiro e, en representación da Asociación Cultural Asubío, a súa Presidenta Olga Villar.

Este convenio ten por obxecto definir a colaboración entre as dúas entidades de cara a propiciar un maior achegamento entre elas e á promoción da música, o que se concreta na divulgación e organización conxunta de actividades e recitais para a educación musical da cidadanía, a cesión de locais por parte do Ateneo á Asociación Asubío e no acceso aos ateneístas a formar parte da Coral sen necesidade de pertencer á Asociación Asubío. Esta colaboración terá unha duración dun ano prorrogables automaticamente por períodos anuais se non se manifestase previamente o desacordo.