Novas

Premio Aymeric Picaud e visita a Muxía e Fisterra da Asociación de Periodistas de Santiago

Os ateneístas poden participar nestas actividades da APSC en virtude do convenio de colaboración asinado por ambas as dúas entidades o pasado 15 de xuño

Compartir

 

O pasado 15 de xuño o Ateneo de Santiago asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Periodistas de Santiago, en virtude do cal esta última entidade convida aos ateneístas a participar nas seguintes actividades que teñen programadas:

Entrega do VIII Premio Internacional Aymeric Picaud de Xornalismo divulgativo do Camiño de Santiago á editora francesa "Le Vieux Crayon" polas súas guías "Miam Miam Dodo". Terá lugar o venres, 25 de xuño, ás 19h no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. 

Visita a Muxía e Fisterra o sábado, 26 de xuño. Prezo por persoa: 40€. Programa:
10h. Saída en bus da dársena de Xoán XXIII cara ao Santuario da Barca de Muxía, con explicacións histórico/lendarias por parte do historiador especialista do Camiño, Antón Pombo.
13h. Inauguración da exposición “El conocimiento en el Camino de Santiago”, da Liga de Asociaciones de Periodistas del Camino de Santiago-FAPE, no Salón do Voluntariado do Concello de Muxía, e visita optativa ao Museo do accidente do Prestige, no primeiro andar das mesmas dependencias.
14h. Cóctel-comida.
16h. Traslado en bus a Fisterra.
17h. Visita Museo da Pesca (optativa).
19h. Saída en barco do porto de Fisterra. Derrota pola rada de Corcubión, Illas Lobeiras e solpor en Cabo Fisterra.
21h. Cea mariñeira no adro do Hotel Bela Fisterra. Actuación de Pablo Nash Band.
22.30h. Saída de regreso a Santiago en bus.

Para participar nas prazas reservadas para os ateneístas haberá que inscribirse en ateneo@ateneodesantiago.gal antes das 12h do día 18 de xuño, indicando en cal das actividades se está interesado/a.