Novas

Conferencia «Hans Küng: el cristianismo en la cultura actual» do Dr. Carlos Pajares Vales

O acto terá lugar o xoves, 3 de xuño, ás 19h por Teams

Compartir

 

Alumni USC organiza unha conferencia do Dr. Carlos Pajares Vales sobre Hans Küng, con motivo do seu recente pasamento, para o xoves 3 de xuño ás 19.00 h por Teams.

A conferencia leva por título «Hans Küng: el cristianismo en la cultura actual».

O profesor Pajares,  exreitor da USC e socio de Alumni USC, é un investigador de gran prestixio no campo de Física de Partículas, pero ademais de científico ten unha faceta humanística indubidable. Nesta conferencia vainos falar do teólogo mais coñecido das últimas décadas que promoveu a posta ao día da fe cristiá de acordo coa sociedade e a cultura actual, así como o potencial das relixións como instrumentos de paz.

Para o acceso á conferencia deben clickar en: https://teams.microsoft.com/l/meetup-join/19%3ameeting_YWE4ZDhkYzctZWEzOS00YjUzLTk3NzItNzQzZTQyNTFhZDU1%40thread.v2/0?context=%7b%22Tid%22%3a%228f0d452c-b7a4-4964-b810-8c397374477b%22%2c%22Oid%22%3a%2267ba9eaf-1eb8-42b7-83fa-dd0b68745de4%22%7d