Novas

O que non se escribe: Paseo Sonoro

Xornadas sobre a creación de arquivos sonoros.

Compartir

 

Luneda Producións organiza o programa 'O que non se escribe', unhas xornadas sobre a creación contemporánea a partir de arquivos sonoros que terán lugar entre o 24 e o 27 de marzo. Ademais, ata o 4 de abril poderase desfrutar dun paseo sonoro por diferentes puntos da cidade nos que se poderán atopar tesouros sonoros. Cada punto esconde un código QR para escanear e escoitar cos auriculares un anaco dunha recolla de música tradicional. Acompañando a cada QR, atoparemos a información do audio: a quen lle foi gravado, onde e cando foi gravado e por quen foi gravado. Tamén por quen foi feita a selección da peza, xa que para escoller eses cortes contouse coa colaboración de destacados profesionais da música tradicional.

21 espazos compoñen a actividade, entre museos, comercios e locais hostaleiros. Os códigos atópanse nos escaparates e cristaleiras, polo que non é preciso depender dos horarios de apertura dos establecementos.

Os 21 puntos sonoros, organizados a modo de ruta, son os seguintes:  

OFICINA CENTRAL DE INFORMACIÓN TURÍSTICA (Rúa do Vilar, 63)

SOMBRERERÍA IGREXAS (Rúa do Vilar, 34)

MARÍA CASTAÑA (Rúa da Raíña, 19)

MERCERÍA ALGUI (Rúa do Vilar, 24)

MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS E DE SANTIAGO (Praza dás Praterías)

EDICIÓNS POSITIVAS (Rúa dás Carretas, 18)

ACIVRO XOIAS (Rúa da Troia, 8)

CAFÉ BAR 13 (Rúa de Santa Clara, 13)

O XA CHEGOU (Algalia de Abaixo, 27)

CHAFARÍS (Algalia de Arriba, 16)

A GRAMOLA (Praza de Cervantes, 10)

LIBRARÍA COUCEIRO (Praza de Cervantes, 6)

LILA DE LILITH (Rúa Travesa, 7

CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA (Rúa de Ramón do Val-Inclán, 2)

MUSEO DO POBO GALEGO (Costa de San Domingos)

VIDE, VIDE! (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10)

BAR VIÑO (Praza de Mazarelos)

ABASTOS 2.0 (Praza de Abastos)

DE COTÍO (Rúa Xelmírez, 26)

MERLÍN E FAMILIA (Rúa Nova, 8)

ELA DIZ (Rúa Nova, 24)

Ver en Luneda.gal