Novas

Bases do Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2021

Compartir

1º Poderán concorrer ao Premio de Xornalismo Alfredo Vicenti do Ateneo de Santiago traballos de calquera xénero periodístico en calquera dos soportes tradicionais ou dixitais que contribúan a promover un debate cívico sobre asuntos de interese social, favorecendo o espazo público para mellorar a calidade de vida dos cidadáns.


2º Poderán participar no Premio as persoas físicas que sexan autoras dos traballos presentados e teñan o xornalismo como principal medio de vida. Os traballos tamén poderán ser propostos, co consentimento do autor ou autores, polos medios nos que foron publicados. 

3º Os autores deberán estar debidamente identificadosa través do formulario que se adxunta nas bases e os traballos deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. Abordar temas de interese cívico ou cidadán e estar publicados ou difundidos entre o 1 de novembro de 2020 e o 31 de outubro de 2021.
  2. Os traballos impresos ou publicacións dixitais deberán estar redactados en galego ou castelán.
  3. Os traballos audiovisuais deberán incluír narracións ou diálogos en calquera dos dous idiomas: galego ou castelán.

4º A presentación ou proposta dos traballos deberá realizarse por correo postal á sede do Ateneo de Santiago, Praza de Salvador Parga, 4-2º, 15704 Santiago de Compostela, especificando no exterior do sobre o nome do premio.

5º Os traballos publicados en papel presentaranse no soporte orixinal da publicación ou fotocopia compulsada do mesmo; para traballos difundidos nun medio dixital, remitirase unha copia en formato Din
A-4, indicando claramente a URL de acceso on line ao traballo; os vídeos presentaranse en formato DVD-video ou AVI; as gravacións radiofónicas presentaranse en formato MP3.
En todos os casos os traballos presentados virán acompañados do formulario que se deberá cumprimentar.

6º O prazo de presentación dos traballos terminará ás 20 horas do día 31 de outubro de 2021, aceptándose os que teñan sido selados e franqueados con anterioridade a esa data.

7º Non poderán presentarse máis de tres traballos por autor.

8º O fallo do premio darase a coñecer o 20 de Novembro de 2021 (aniversario do nacemento de Alfredo Vicenti) nun acto público do Ateneo de Santiago.

9º O Premio Alfredo Vicenti do Ateneo de Santiago estará dotado con 1.000 € e un recordo conmemorativo. Os finalistas comprométense a estar inescusablemente presentes no acto de entrega; de non facelo enténdese que renuncian ao premio.

10º O xurado estará presidido polo presidente do Ateneo de Santiago, ou persoa en quen delegue; un representante dunha Organización Profesional de Xornalistas; o Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC; ata dous representantes das institucións patrocinadoras do mesmo; un representante da Sección de Sociedade da Información do Ateneo; o gañador/a da última edición do premio e o secretario do Ateneo de Santiago, que levantará a acta da sesión e actuará con voz pero sen voto.

11º O traballo premiado pasará á disposición do Ateneo de Santiago, que poderá editalo ou divulgalo sen xerar dereitos de autor.

12º Non se premiará ningún traballo xa galardoado noutras convocatorias de premios.

13º O fallo do xurado será inapelable.

14º A participación nestes premios supón a aceptación das presentes BASES e o seu cumprimento. Estas poden ser consultadas na web: www.ateneodesantiago.com.

Descargar as bases

Formulario de inscrición