Novas

Programa de micromecenado SUMO VALOR da USC-Súmate á loita científica contra a covid

As doazóns poden realizarse a través da páxina web do programa: www.usc.gal/gl/micromecenado

Compartir

A Universidade de Santiago de Compostela, a través da Vicerreitoría de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade, puxo en marcha o programa de micromecenado “Sumo Valor”. 


Dende o Ateneo de Santiago queremos apoiar esta iniciativa, cuxo propósito é implicar a empresas, persoas e outras entidades nas actividades, proxectos e servizos desta institución, en concreto a liña centrada na loita contra a COVID-19, a través do apoio a investigacións de diferentes áreas de coñecemento que contribúan a combater e paliar os efectos da pandemia na sociedade. Algúns dos científicos que están desenvolvendo proxectos dentro deste programa son o ateneísta Juan Lema, María José Alonso ou Jorge Mira, entre outros.

As empresas e os particulares poden apoiar estas investigacións a través de microdoazóns por valor non superior aos 3.000 €, xa sexa unha cantidade monetaria ou un ben. Estas doazóns poden realizarse a través da páxina web do programa: www.usc.gal/gl/micromecenado

Díptico SUMO VALOR