Novas

Reintegro da Lotería de Nadal

O pasado día 22 de decembro as participacións da lotería de Nadal do Ateneo de Santiago co número 38647 resultaron premiadas co reintegro do importe xogado: 10€ por participación.

O cobro do premio deberá realizarse na secretaría do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago) dende o vindeiro 7 de xaneiro ata o 22 de marzo de 2021 en horario de oficina, entregando a participación premiada.

Debido ás restricións sanitarias, Abanca non realizará ningún pagamento.

Compartir