Novas
Festival Ateneo Barroco 2020
- Compartir
Ópera e música de cámara, da man, como inspiración recíproca ou tendendo pontes entre estilos; a música para escena do Barroco e a música de cámara para salón, concertos e encontros sociais; Francia, teatro lírico e música para teclado, Rameau e os Couperin; os grandes mestres do Barroco en Europa: Haendel e Telemann, Couperin e Rameau, Monteverdi… Xa sexa a través das versións para teclado das arias e sinfonías das óperas e ballets de Rameau ou das sonatas de Haendel, coas adaptacións para audiencias máis reducidas das arias dos mestres da ópera italiana ou coas fantasías de Telemann, as interelacións, conexións e proximidade de todos os programas dos cinco concertos da segunda edición do festival Ateneo Barroco poderían incluso facer difícil a escolla dunha das múltiples temáticas e perspectivas entre as que se podería abordar a explicación do programa no seu conxunto. Esta multiplicidade de posibles perspectivas está aproveitada ao máximo no deseño das actividades complementarias do festival, un apartado formativo e divulgativo concibido para contribuír a enriquecer a experiencia e o coñecemento do público do festival e que inclúe case dez actividades entre conferencias, encontros e charlas cos artistas, e os seus instrumentos, e un ciclo de cinema, documental e música.
O Festival Ateneo Barroco 2020 atesoura tanto coherencia e unidade de programación como unha sobresaínte variedade no que a estilos e xéneros musicais se refire. Estruturado en cinco concertos, de diversas e ilustrativas temáticas, cada un suporá unha experiencia musical única e completa, avalada pola calidade dos músicos e a excelencia das músicas seleccionadas, na que tamén se poderá gozar do patrimonio artístico da cidade: teatros e salas de concerto, igrexas e espazos singulares como o Teatro Principal, o Paraninfo e a Igrexa da Universidade.

CONCERTOS
1. To all lovers of Musick
As sonatas de Haendel, entre o lirismo e a furia
AL AYRE ESPAÑOL
EDUARDO LÓPEZ BANZO clave e dirección
ALEXIS AGUADO violín
KEPA ARTETXE violín
GUILLERMO TURINA violoncello
XISCO AGUILÓ contrabaixo
Venres, 9 de outubro, 20.00h. Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
Georg Friedrich Haendel (1685-1759)
Sonata op. 2 núm. 4 en Fa Maior, HWV 389
Larghetto – Allegro – Adagio – Allegro – Allegro
Sonata op. 2 núm. 6 en sol menor, HWV 391
Andante – Allegro – Arioso – Allegro
Henry Purcell (1659-1695)
Suite en sol menor Z. 661
Prelude – [Almand] – Corant – Saraband
Ground, Z. D222
Suite en Re Maior Z. 667
Prelude – Almand – [Hornpipe]
Georg Friedrich Haendel (1685-1759)
Sonata op. 5 núm. 4 en Sol Maior, HWV 399
Allegro – A tempo ordinario – Allegro non presto – Passacaille – Gigue –Menuet
Sonata op. 5 núm. 5 en sol menor, HWV 400
Largo – Come alla breve – Larghetto – A tempo giusto – Air – Bourrée
2. A biblioteca de Eleonore
Fantasías para viola da gamba de Telemann
SARA RUIZ viola da gamba
Martes, 13 de outubro, 20.00h. Igrexa da Universidade
Georg Philipp Telemann (1681-1767)
Fantasía 1 en do menor
Fantasía 5 en Si bemol Maior
Fantasía 3 en mi menor
Fantasía 6 en Sol Maior
Fantasía 7 en sol menor
Fantasía 11 en re menor
3. Monte·Verdi: A arte da redución operística *
300 anos de ópera italiana fóra dos teatros
ROBERTA INVERNIZZI soprano
ARS ATLANTICA
MANUEL VILAS proxecto artístico, arpa doppia e dirección
MARIÑA GARCÍA BOUSO violín barroco
SARA RUIZ viola da gamba
PATRICIA REJAS piano romántico
JOSÉ MANUEL DAPENA guitarra romántica
Venres, 16 de outubro, 20.00h. Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
* programa encargo do festival Ateneo Barroco / estrea absoluta
Gaetano Donizetti (1797-1848)
Obertura de Don Pasquale
transcrición para piano anónima (París, c. 1848)
Vincenzo Bellini (1801-1835)
“Casta Diva”, cavatina de Norma
arranxo para voz e piano de autor anónimo (Madrid, c.1833)
Alessandro Scarlatti (1660-1725)
“Crudo no, aura lieve ma infesta”, aria de La Rosmene
versión reducida da época de autor anónimo
Antonio Vivaldi (1678-1741)
“Io son quel gelsomino”, aria da ópera Arsilda Regina di Ponto
adaptada para voz e continuo por autor anónimo, principios do século XVIII
Giuseppe Verdi (1813-1901)
Fantasía para guitarra sobre motivos de La Traviata
composta por Julián Arcas (1832-1882)
Gioacchino Rossini (1792-1868)
“Tu che accendi questo core”, cavatina de Tancredo
arranxada para voz e guitarra por Ventura Maria de Ripa (s. XVIII-XIX), Madrid, c. 1818
Niccolo Piccinini (1728-1800)
Aria transcrita para violín da ópera La Cecchina
John Walsh (Londres, 2º metade século XVIII)
Giovanni Paisiello (1740-1816)
“Begli occhietti”, aria da ópera Don Chisciotte della Mancia
versión de Nápoles (1769), arranxo de Manuel Vilas segundo prácticas da época
Antonio Cesti (1623-1669)
“Intorno all’idol mio”, aria de L’ Orontea
aria en versión reducida, anónimo do século XVII
Giuseppe Verdi (1813-1901)
“Oh nel fuggente nuvole”, escena y aria de Attila
reducidas para voz e piano por autor anónimo (c. 1846)
Claudio Monteverdi (1567-1643)
Tocata-improvisación para arpa sobre o lamento da ópera Ariadna (Manuel Vilas)
Claudio Monteverdi (1567-1643)
“Tu sei morta” / “Ecco pur ch’a voi ritorno”, arias da ópera L’Orfeo
arias reducidas para soprano e baixo continuo procedentes de manuscritos anónimos do século XVII
4.Homenaxe a Gustav Leonhardt
«Bach et la France»
PIERRE HANTAÏ clave
Martes, 20 de outubro, 20.00h. Teatro Principal
Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Obertura en do menor BWV 995
Fuga en do menor BWV 997
Seis pequenos preludios escritos para seu fillo Wilhelm Friedemann
Choral “Wer nur den lieben Gott lässt walten” BWV 691
Partita en sol menor BWV 1004
(arranxo de G. Leonhardt a partires da Partita para violín)
Allemande / Courante / Sarabande / Gigue / Chaconne
A orde de obras deste programa é só unha referencia e Pierre Hantaï anunciará durante o transcurso do concerto a composición que interpretará en cada momento
5. Mestres do barroco francés
Couperin, Rameau, Marais… a música de cámara
IMPETUS
PABLO GUTIERREZ violín
JORDI COMELLAS viola da gamba
YAGO MAHÚGO clave e dirección
Sábado, 24 de outubro, 20.00h e 21.30h. Teatro Principal
Jean-Philippe Rameau (1683-1764)
Pièces de Clavecin en Concerts núm. 1
La Coulicam
La Livri: Rondeau Gracieux (clave solo)
La Livri: Rondeau Gracieux
Le Vézinet
Jean-Philippe Rameau (1683-1764)
Pièces de Clavecin en Concerts núm. 3
La Poplinière
La Timide (clave só)
La Timide
1er Tamourin, 2e Tambourin en Rondeau
Joseph-Nicolas-Pancrace Royer (1705-1755)
La Marche des Scythes (clave solo)
Jean-Philippe Rameau (1683-1764)
Pièces de Clavecin en Concerts núm. 5
La Forqueray: Fugue
La Cupis
La Marais
ENTRADAS: 9€

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
- CONFERENCIA INAUGURAL
RAMEAU: FRANCIA E A ÓPERA BARROCA
TERESA ADRÁN
Luns, 5 de outubro, 20.00h. Rúa do Vilar, 19
Preinscrición en ateneo@ateneodesantiago.com ata o 3 de outubro.
- Instrumentos, xéneros e contextos (introdución aos concertos)
1. Haendel, ensemble e sonata
EDUARDO LÓPEZ BANZO
Venres, 9 de outubro. Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
2. Fantasía. Telemann e a viola da gamba
SARA RUIZ
Martes, 13 de outubro. Igrexa da Universidade
3. Instrumentos e cores, 300 anos de ópera italiana fóra dos teatros
MANUEL VILAS
Venres, 16 de outubro. Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
4. O clave en Francia
PIERRE HANTAÏ
Martes, 20 de outubro. Teatro Principal
5. Rameau en trío, a música de cámara
DIEGO MAHUGO
Sábado, 24 de outubro. Teatro Principal
- CINEMA, DOC, MÚSICA…
LE ROI DANSE de Gérard Corbiau (filme)
Martes, 6 de outubro, 19.30h. Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º)
VATEL de Roland Joffé (filme)
Mércores, 7 de outubro, 19.30h. Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º)
Preinscricións en ateneo@ateneodesantiago.com do 3 ao 5 de outubro.
Organiza:

