Xunta directiva

A Xunta Directiva é o órgano de xestión e representación do Ateneo de Santiago. Está formada polo Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e cinco Vogais, elixidos pola Asemblea Xeral por un mandato de 3 anos. Segundo o artigo 10 dos Estatutos da entidade, as súas funcións son:

a)  Dirixir as actividades sociais e levar a xestión económica e administrativa da Asociación, acordando realizar os oportunos contratos e actos.
b)  Executar os acordos da Asemblea Xeral.
c)  Formular e someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos así como os Balances e Contas anuais.
d)  Resolver sobre a admisión de novos asociados.
e)  Nomear delegados para determinadas actividades da Asociación.
f)  Calquera outra facultade que non sexa da exclusiva competencia da Asemblea Xeral de Socios.

Presidente/a
Salvador García-Bodaño Zunzunegui
Vicepresidente/a
Manuel López-Rivadulla Lamas
Secretario/a
Francisco Candela Castrillo
Tesoureiro/a
Antón Porteiro Lago
Vogais
Pilar Sampedro Martínez, Xosé Ramón Pousa Estévez, Marina Luisa Somoza Quiroga, José Manuel González Herrán, Juana María Otero Suárez