Videoteca

Horario
De luns a venres de 10 a 13h
Máis información
O préstamo dos exemplares é gratuíto e exclusivo para os socios do Ateneo coas seguintes normas:
 • Exemplares máximo de préstamo: 3 (en total xunto cos da Biblioteca).
 • Período máximo de préstamo: 1 semana (non renovable).
 • Retirada e devolución exclusiva no local social do Ateneo en horario de oficina.
Descarga o catálogo
A Videoteca do Ateneo de Santiago está conformada por doazóns dos socios da entidade, constando de máis de 500 títulos en formato DVD de diferentes xéneros, nacionalidades (cine galego, español, europeo, americano e incluso asiático e australiano) e épocas (dende 1915 ata a actualidade). 

Organízase polas seguintes temáticas: acción (A), aventuras (AV), bélico (B), comedia (C), ciencia ficción (CF), drama (D), documental (DC), histórico (H), musical (M), policíaco (P), terror (T) e western (W).

O catálogo está ordenado alfabeticamente polo título, podendo realizar buscas igualmente polo ano, país de orixe, xénero, director, intérpretes principais e signatura para a súa localización física. Do mesmo xeito, inclúese, sempre que é posible, o enlace á ficha completa da película.