Biblioteca

Horario
De luns a venres de 10 a 13h
Máis información

Os libros poden retirarse en préstamo ou consultarse de forma gratuíta por parte dos socios do Ateneo, coas seguintes normas:

  • Exemplares máximo de préstamo: 3 (en total xunto cos da Videoteca).
  • Período máximo de préstamo: 1 semana (non renovable).
  • Retirada, devolución e consulta exclusiva no local social do Ateneo en horario de oficina.
Acceso ao catálogo

A Biblioteca do Ateneo de Santiago está á disposición de todos os ateneístas para que poidan  servirse dela de forma habitual. A temática responde á propia das Seccións que funcionan na organización das actividades do Ateneo: 

  • Compostela: biografías de santiagueses ilustres, entidades compostelás, a súa historia, xeografía, urbanismo, arquitectura, tradicións...
  • Sociedade Civil: política, economía, Dereito, filosofía...
  • Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente: matemáticas, física, química, xeoloxía, bioloxía, botánica, zooloxía, Medicina, enxeñería, Astronomía...
  • Sociedade da Información: xornalismo, medios de comunicación, informática, redes sociais, telecomunicacións...
  • Arte, Educación e Cultura: entrarían aquí os distintos xéneros literarios de ficción, pintura, escultura, música, teatro, danza, fotografía, cinema, artes gráficas, lingüística, etnografía, arqueoloxía, historia, educación, psicoloxía...