Hemeroteca

Charla no Ateneo sobre a pandemia e o futuro

EFECTOS. O Ateneo de Santiago ofrece hoxe, luns, ás 20.00 horas, a conferencia titulada A situación sanitaria na pandemia e perspectivas de futuro, que será impartida por Beatriz González López-Valcárcel, catedrática de Economía Aplicada da Universidad de Las Palmas de Gran Canaria e experta en Economía da Saúde e Políticas Públicas. A pandemia supuxo dende os seus inicios unha revolución para os nosos servizos sanitarios. Sen ter aínda o suficiente coñecemento sobre o virus, a Sanidade tivo que adaptar metodoloxías, ferramentas e espazos de traballo a unha situación sen precedentes. Pouco a pouco ou máis axiña, foron chegando as consecuencias da COVID ao noso sistema: colapso sanitario, atención telefónica, posposición de intervencións cirúrxicas... A conferenciante analizará estes e outros efectos. Beatriz González, licenciada en Económicas pola Universidade de Santiago e doutora en Económicas pola Universidade de La Laguna, é profesora da Universidad de Las Palmas. Foi presidenta da Asociación Española de Economía da Saúde e da Sección de Economía da Saúde Pública da Asociación Europea de Saúde Pública, entre outros cargos. Actualmente é membro do Grupo de Traballo Multidisciplinar COVID do Ministerio de Ciencia. Debido ás restricións sanitarias, a esta charla só se poderá asistir por medio da plataforma Zoom, a páxina www.ateneodesantiago.gal e as seguintes redes sociais: 

Youtube: Ateneo de Santiago

Facebook: Ateneo Santiago

Twitter: @AteneoSantiago

As preguntas para o coloquio posterior poderán facerse en Zoom e enviarse ao WhatsApp 622 274 110. 

 

Ler en El Correo Gallego