Hemeroteca

Luns do Ateneo: os efectos do COVID

Compartir

SANTIAGO. O vindeiro luns, ás 20.00 h, o Ateneo de Santiago ofrece a conferencia Comportamento social en tempos de crise e pandemia, que será impartida por José Manuel Sabucedo, Catedrático de Psicoloxía Social e Premio de Investigación de Galicia. A pandemia trouxo consigo innumerables cambios para todos e cada un de nós: tivemos que adaptarnos a novas medidas que se fixeron imprescindibles para a contención do virus e, xa que logo, vímonos na obriga de cambiar o noso comportamento e esquecernos de certos hábitos que formaban parte do no noso día a día.

Na charla abordarase o análise dos procesos psicosociais e factores contextuais que favorecen ou dificultan a asunción dos comportamentos de prevención da COVID, así como algunhas das consecuencias sociopolíticas.

Todo con José Manuel Sabucedo é catedrático de Psicoloxía Social na USC, coordinador do grupo SOSOYPA e membro da asociación estratéxica CRETUS.

 

Ler en El Correo Gallego