Hemeroteca

Coronavirus: O Ateneo pon as súas conferencias a disposición de toda a cidadanía

Compartir

CONFERENCIAS DO ATENEO DE SANTIAGO ONLINE

Tras o peche das súas instalacións e o cesamento das súas actividades, o
Ateneo de Santiago, a través da súa páxina web, puxo a disposición dos
cidadáns todas as conferencias dos 'Luns do Ateneo', co
obxectivo de poder compartir así unha actividade cultural durante este período
de crise do coronavirus.

Con isto, informou nun comunicado, o Ateneo de Santiago pretende dar un servizo, tanto aos ateneístas como a todos os composteláns, mantendo a promoción e difusión da educación, a ciencia e a cultura. Ademais, disporase tamén de acceso a outras actividades realizadas, como tertulias, inauguracións de exposicións ou presentacións de libros.

Ver en Galicia Confidencial