Hemeroteca

As conferencias do Ateneo e outros modos de pasar a corentena (II)

Compartir

Compostela,
18 de marzo do 2020 – Onte falabamos de algúns recursos culturais para
pasar a corentena, hoxe traemos a iniciativa do Ateneo de Santiago que
ofrece na rede todas as súas conferencias.





O Ateneo de Santiago pechou como outras
moitas institucións as súas instalacións. Con ese motivo decidiu poñer
as conferencias dos Luns do Ateneo a disposición de toda a cidadanía na
súa páxina web (www.ateneodesantiago.com).





Dentro do catálogo dispoñible poderase
acceder ás conferencias máis recentes, como as relativas a Concepción
Arenal, o Día da Muller ou o cambio climático, así como a outras máis
antigas, como as do ciclo “En clave de futuro”, realizado polo 10º
Aniversario da entidade, as do Pórtico da Gloria, as ondas
gravitacionais ou as conmemoracións das Letras Galegas dende o ano 2010.





Ademais, disporase tamén de acceso a outras actividades realizadas, como son os faladoiros, inauguracións de exposicións, presentacións de libros, etc.





Outras formas de formarse





O certo é que a situación que se vive
pode ser un bo momento para aprender de aquilo que nos gusta, formarnos
ou mellorar a nosa formación. Nos últimos anos as charlas TED serven a
moita xente para coñecer outros xeitos de pensar ou actuar. Galicia tivo
o seu propio TED durante uns anos e moitas das conferencias están na
rede baixo o nome de TEDxGalicia, no seguinte enlace podedes escoitar
algunhas





https://www.youtube.com/results?search_query=TEDxGalicia





O Consello da Cultura Galega organiza
moitas mesas redondas e charlas ao longo do ano. Moitas delas están na
súa web a disposición de todo o mundo.





https://www.youtube.com/user/ConsellodaCultura/videos





E por suposto non podemos esquecer ao
portal da Lingua. Aqui podemos mellorar o noso galego ou investigar un
pouco máis sobre a nosa lingua. No apartado de recursos atoparedes moito
que facer





https://www.lingua.gal/portada





Ver en Lindeiros