Hemeroteca

O Ateneo de Santiago convoca o Premio xornalístico Alfredo Vicenti 2020

Compartir

O Premio está dotado con 1.000€ e unha escultura da figura de Alfredo Vicenti









O Ateneo de Santiago ven de publicar na súa páxina web a convocatoria do Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti 2020, que a entidade creou en 2018 no marco da conmemoración do seu X Aniversario para homenaxear ao xornalista compostelán.





Para participar, as persoas deberán ter o xornalismo como principal medio de vida e ser autoras dos traballos presentados, os cales se han de remitir, xunto ao formulario de inscrición, ao enderezo postal do Ateneo de Santiago, sito na Praza de Salvador Parga, 4-2º.





O prazo de presentación dos traballos finalizará ás 20 horas do día 31 de outubro e o fallo do xurado darase a coñecer o 20 de novembro, data do aniversario do nacemento de Alfredo Vicenti.





Na pasada edición o galardón recaeu na xornalista Montserrat Dopico González pola súa entrevista á investigadora da Universidade da Coruña Belén Fernández Suárez (Praza Pública, 16/8/2019). A premiada xunto a representantes do Ateneo de Santiago, unha Organización Profesional de Xornalistas, a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e as institucións patrocinadoras serán nesta ocasión os membros do xurado encargados de seleccionar ao gañador do Premio Alfredo Vicenti 2020. 





Ver en Compostela 24 horas