Hemeroteca

O Ateneo retoma o curso de meditación a distancia

Compartir

A actividade está dirixida por Zinnia Maravell





O Ateneo de Santiago retomou de xeito telemático as sesións do curso de meditación que desde fai cinco anos ofrecía todos os mércores. As clases están dirixidas por Zinnia Maravel e o obxectivo é tranquilizar os pensamentos e reducir o estrés enfocando a mente na respiración, "algo moi necesario nestes momentos de confinamento domiciliario".





O curso quedara suspendido desde o pasado mes de marzo e a partir do día 22 regresou por medio da aplicación de videoconferencias Zoom. Con anterioridade, o Ateno xa recuperara o seu Club de Lectura tamén de xeito telemático e conta con diferentes recursos na rede, como conferencias.





Ver en La Voz de Galicia