Hemeroteca

O Ateneo lembrará a Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento

Compartir

O Ateneo de Santiago acordou homenaxear a Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento, como un dos grandes creadores e dinamizadores de Compostela.


O Ateneo explica nunha nota de prensa que ” as mulleres e homes que integramos esta sociedade cívica acordamos poñer o seu nome ao Salón de Actos do noso local social, no que se desenvolve boa parte da nosa actividade cultural, e ao mesmo tempo, reeditaremos en formato libro, en colaboración coa Deputación da Coruña, unha das obras máis orixinais e descoñecidas deste autor “Unha presa de dibuxos feitos por Isaac Díaz Pardo de xente do seu rueiro”.

[caption id="attachment_17198" align="aligncenter" width="560"] Isaac Diaz Pardo xunto á vidriera que deseñor para o Parlamento de Galicia. Santiago 19-12-07. Foto Anxo Iglesias[/caption]

Igualmente, dentro do ciclo “Os Luns do Ateneo” organizarase unha conferencia de M.ª América Díaz, encol da figura e obra do polifacético artista.

Ver en Lindeiros