Ateneo Viaxeiro

O Ateneo Viaxeiro ten como principal obxectivo programar actividades de especial interese a través de saídas e visitas sociocultuais a realizar nun marco libre fóra da sede habitual da entidade, recollendo en reunións periódicas as propostas dos ateneístas coas que se establece o programa a levar a cabo, acordando datas e outros aspectos de organización e desenvolvemento.

Ateneo solidario

Grupo de traballo específico e autónomo de carácter transversal co obxectivo de contribuír dende a sociedade civil a axudar na detección, diagnóstico e resolución de situacións de precariedade e desamparo que afectan a certos núcleos de poboación.

Obradoiro de fotografía

Encárgase de promover a realización de todo tipo de actividades relacionadas con esta arte así como de recuperar e preservar o patrimonio fotográfico da cidade para o público xeral. Este grupo de traballo ten sido o encargado de realizar varias exposicións, cursos, conferencias, publicacións de libros, roteiros fotográficos, etc.