Visitas guiadas á exposición «MATRIA. Reina D’Hoore»

Data
Venres 26 e sábado 27 de febreiro de 2021
Horario
17h e 18h (venres), 12h (sábado)
Lugar
Fundación Eugenio Granell
Ateneo Viaxeiro

O Ateneo de Santiago ten programadas unhas visitas guiadas gratuítas á exposición da Fundación Eugenio Granell «MATRIA. Reina D’Hoore» nas seguintes datas:

  • Venres, 26 de febreiro, ás 17.00h.
  • Venres, 26 de febreiro, ás 18.00h.
  • Sábado, 27 de febreiro, ás 12.00h.

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse, indicando a data elixida, no enderezo ateneo@ateneodesantiago.com, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude e tendo preferencia de admisión os/as socios/as do Ateneo.

Esta exposición é o resultado dun longo proceso de investigación que xorde do traballo “Et in Arcadia Ego” (2016-2020), un memento mori no que nos lembra que no paraíso bucólico tamén está a morte. Partindo desa polaridade vida e morte, Reina D’HOORE investiga o seu propio paraíso, as súas raíces maternas galegas e o seu patrimonio.

Máis información

Próximos eventos Ver axenda