Debate sobre «El prado de Rosinka» de Gurdun Pausewang

Data
Mércores 17 e martes 23 de febreiro e 2 e 9 de marzo de 2021
Horario
17.45h
Lugar
Skype
Compartir

O mércores 17 e os martes 23 de febreiro e 2 e 9 de marzo ás 17.45h terán lugar sendas sesións telemáticas do Club de Lectura a través da plataforma Skype, onde se comentará a obra El prado de Rosinka, de Gudrun Pausewang.

El prado de Rosinka é o nome co que se coñecía un cacho de terra pantanosa situada en pleno corazón dos Sudetes, na cal os pais de Gudrun Pausewang fixeron realidade, a principios dos anos vinte, o soño de vivir e deixar vivir, adoptando unha vida alternativa nos bosques. Alí, nunha sólida casa de madeira que a parella construíu, naceron Gudrun e os seus cinco irmáns. E alí viviron ata que, en 1945, o final da guerra puxo fin abruptamente ao seu experimento. Trinta años despois, Elfriede, a anciá nai de Gudrun, recibe unha carta de Michael, un mozo que, decidido a seguir os seus pasos, busca o seu consello… Así comeza unha relación epistolar na que Elfriede lle relatará a súa experiencia no apartado enclave onde emprenderon aquela viaxe en busca da utopía, a liberdade e a independencia.

Gudrun Pausewang naceu o 3 de marzo de 1928 e faleceu o 23 de xaneiro de 2020. Estudou pedagoxía e traballou como mestra. Pasou unha longa estancia, tamén como profesora, en Venezuela e Chile. Con firmes ideais pacifistas e antibelicistas, comenzou a publicar en 1958 e conta cunha abundante e exitosa obra na literatura infantil e xuvenil, recibindo importantes premios literarios como o  Premio da Paz Gustav Heinemann, concedido polo seu libro Los últimos niños, e o Premio alemán ao Libro Xuvenil polo seu libro La nube. Foille concedida también, en 1999,  a Medalla Alemá ao Mérito.

Próximos eventos Ver axenda