Conferencia «A revolución circular: auga e residuos como inmensas fontes de recursos» de Alberto Sánchez

Data
Luns, 22 de febreiro de 2021
Horario
20.00h
Lugar
Zoom, Youtube, Facebook e Twitter
Máis información

Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir a través da plataforma Zoom, por medio da páxina web www.ateneodesantiago.gal e as seguintes redes sociais do Ateneo:

Youtube: Ateneo de Santiago
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter: @AteneoSantiago

As preguntas para o coloquio posterior poderán facerse a través de Zoom e no whatsapp do Ateneo 622 274 110.

Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente

O luns, 22 de febreiro ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada unha conferencia, organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, titulada «A revolución circular: auga e residuos como inmensas fontes de recursos», que estará impartida por Alberto Sánchez, Director da Fundación Centro Galego de Investigacións da Auga (Cetaqua Galicia).

Os recursos naturais son finitos e a súa xestión antóllase como un dos retos máis importantes para abordar pola humanidade durante as próximas décadas. Neste contexto, as Nacións Unidas diseñaron os obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) que dirixen o seu foco cara a un sistema produtivo solidario coa conservación dos ecosistemas e cunha acción favorable sobre o clima. O concepto de residuo está directamente en contraposición coas novas liñas estratéxicas da Unión Europea, que dirixe as súas accións cara a unha economía verde. Na conferencia verase como “residuo” debe ser necesariamente nun futuro próximo unha palabra en desuso. Nos últimos anos e na actualidade, estase avanzando con paso firme cara a un modelo de circularidade no que os residuos sólidos urbanos e industriais e as augas residuais ganaron interese como grandes e estables vectores de recursos. Xa existe tecnoloxía para converter determinados residuos en recursos enerxéticos e, nun futuro próximo, como novas materias primas verdes para procesos xeradores de plásticos biodegradables, combustibles, proteínas e aditivos para fármacos ou cosméticos.

Alberto Sánchez Sánchez á Enxeñeiro Químico pola Universidade de Salamanca (2006) e Doutor en Enxeñería Química e Ambiental pola Universidade de Santiago de Compostela (2013), grazas á súa investigación no campo do tratamento das augas residuais urbanas e industriais. Tras o seu Doutorado, incorpórase como investigador á Fundación Centro Galego de Investigacións da Auga (Cetaqua Galicia), na que actualmente exerce funcións de director. Completa a súa formación profesional no ámbito da xestión integral do ciclo da auga e a planificación estratéxica coa obtención do Máster en Xestión da Auga acreditado pola Universidade Politécnica de Cataluña e a Escola da Auga (2019).

Próximos eventos Ver axenda