Conferencia «Comportamento social en tempos de crise e pandemia» de José Manuel Sabucedo
- Data
- Luns, 25 de xaneiro de 2021
- Horario
- 20.00h
- Lugar
- Zoom, Youtube, Facebook e Twitter
- Máis información
Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir a través da plataforma Zoom, por medio da páxina web www.ateneodesantiago.gal e as seguintes redes sociais do Ateneo:
Youtube: Ateneo de Santiago
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter: @AteneoSantiagoAs preguntas para o coloquio posterior poderán facerse a través de Zoom e no whatsapp do Ateneo 622 274 110.
O luns, 25 de xaneiro ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada unha conferencia organizada pola Sección Sociedade Civil titulada «Comportamento social en tempos de crise e pandemia», que estará impartida por José Manuel Sabucedo, Catedrático de Psicoloxía Social da USC e Premio de Investigación de Galicia.
José Manuel Sabucedo Cameselle é catedrático de Psicoloxía Social na USC, coordinador do grupo (SOSOYPA) e membro da asociación estratéxica CRETUS. Recibiu o Premio Galicia de Investigación (2006) e o Premio da Real Academia Galega das Ciencias (2020). Foi promotor e primeiro presidente da Sociedade Científica Española de Psicoloxía Social (SCEPS), e editor da International Journal of Social Psychology. A súa labor investigadora céntrase no estudo de procesos psicosociais básicas e na súa aplicación a diferentes ámbitos aplicados: conducta política e medio ambiente. Dirixiu 21 Teses de doutormanto, liderou o participado en 19 proxectos de investigación internacionais, estatais e autonómicos e editou 19 libros, 25 capítulos e máis de 100 artigos en revistas académicas.