Conferencia «Domingo de Andrade, mestre de obras da Catedral de Santiago de Compostela» de Miguel Taín

Data
Luns, 14 de decembro de 2020
Horario
20.00h
Lugar
Zoom, Youtube, Facebook e Twitter
Máis información

Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir a través da plataforma Zoom (na ligazón https://us02web.zoom.us/j/82611164319?pwd=OTlJWXM0Z2U4cG84L1BXUUQzaUpWZz09), por medio da páxina web www.ateneodesantiago.com e as seguintes redes sociais do Ateneo:

Youtube: Ateneo de Santiago
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter: @AteneoSantiago

As preguntas para o coloquio posterior poderán facerse soamente a través de Zoom.

Arte, Educación e Cultura
Compartir

O luns 14 de decembro ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura, titulada “Domingo de Andrade, mestre de obras da Catedral de Santiago de Compostela”, que estará impartida por Miguel Taín, profesor de Historia da Arte na USC.

Miguel Taín Guzmán licenciouse en Historia da Arte na USC en 1990 e ao ano seguinte acadou o Diplôme d’Etudes Approfondies en Arts (Arts Plastigues, Arts du Spectacle, Histoire) na Universidade de l’Haute Bretagne Rennes II. Doutorouse en Historia da Arte en 1998 e é profesor titula desta disciplina na USC dende 2001, centro onde exerceu diversos cargos nos últimos anos como Vicedecano de Asuntos Académicos (2003-2008), Director das Leccións Xacobeas Internacionais (dende 2007) e Director do Master en Rehabilitación e Renovación Urbana (2006-2009). Habilitado de catedrático en Historia da Arte dende o 6 de marzo de 2014, é membro do Comité Español de Historiadores del Arte (CEHA) dende os anos 90, de Icomos-España dende 2005, da Sociedad Española de la Historia de la Construcción dende a súa fundación en 1996 e da Construction History Society de Londres dende 2012, ademais de representar a España no International Committee of the History of Art (CIHA) entre 2007 e 2013. A súa investigación acolle diversas liñas sempre relacionadas coa arquitectura e a arte española nos séculos XVII e XVIII en España, entre as que destacan os seus estudos sobre debuxos e planimetrías, así como os dedicados á literatura artística, de canteiría e de viaxes. Nos últimos anos continuou os seus estudos como fellowship contratado por prestixiosos centros de investigación internacionais como o Kunsthistorisches Institut de Florencia do Max-Planck-Institut, o Villa I Tatti-University of Harvard, a Brandenburg Research Academy and International Network (BRAIN)-Marie Curie Fellowship no departamento de Historia da Arquitectura da Brandenburgische Technische Universität de Cottbus (Alemaña) ou o Pilgrimage Studies Institute do College William and Mary en EEUU. Impartiu numerosas conferencias e workshops en lugares de EEUU, Italia, Alemaña ou Praga, entre outros, levou a cabo proxectos de investigación a nivel nacional e internacional e posúe publicacións en varios idiomas.

Próximos eventos Ver axenda