Conferencia «O centro de supercomputación de Galicia: unha revolución discreta» de Juan Casares

Data
Luns, 30 de novembro de 2020
Horario
20.00h
Lugar
Youtube, Facebook e Twitter
Máis información

Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir por medio da páxina web www.ateneodesantiago.com e as seguintes redes sociais do Ateneo:

Youtube: Ateneo de Santiago
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter: @AteneoSantiago

As preguntas para o coloquio posterior poderán enviarse cunha mensaxe de voz ao whatsapp do Ateneo 622 274 110 co fin de seren reproducidas en directo.

Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente
Compartir

O luns 30 de novembro ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada unha conferencia organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, titulada “O centro de supercomputación de Galicia: unha revolución discreta”, que estará impartida por Juan Casares, primeiro Director do Centro de Supercomputación de Galicia.

O Centro de Supercomputación de Galicia é unha estrutura tecnolóxica para a mellora das capacidades científicas e técnicas da nosa Comunidade Autónoma. Xorde da necesidade de dotacións ás Universidades de A Coruña e Vigo en distintos aspectos do seu funcionamento, así como cubrir outras necesidades da Universidade de Santiago, como son os ámbitos do cálculo intensivo, a xestión académica, a xestión de persoal e bibliotecas…

Juan Casares é licenciado e graduado e doutor en química. Foi profesor adxunto nas Universidades de Vigo e Compostela, e catedrático en Sevilla, Cantabrica e Santiago. Ademais foi tamén director do Departamento de Enxeñaría Química da USC, reitor da Universidade entre os anos 2010 e 2014, e ex-xerente do centro de Supercomputación de Galicia.

Próximos eventos Ver axenda