Conferencia «A viabilidade do Sistema Público de Pensións: unha perspectiva dende Galicia» de Miguel Ángel Vázquez Taín

Data
Luns, 16 de novembro de 2020
Horario
20.00h
Lugar
Youtube, Facebook e Twitter
Máis información

Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir por medio da páxina web www.ateneodesantiago.com e as seguintes redes sociais do Ateneo:

Youtube: Ateneo de Santiago
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter: @AteneoSantiago

As preguntas para o coloquio posterior poderán enviarse cunha mensaxe de voz ao whatsapp do Ateneo 622 274 110 co fin de seren reproducidas en directo.

Sociedade Civil
Compartir

O luns 16 de novembro ás 20.00 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia organizada pola Sección Sociedade Civil titulada “A viabilidade do Sistema Público de Pensións: unha perspectiva dende Galicia”, que estará impartida por Miguel Ángel Vázquez Taín, profesor titular da USC e Presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas.

As pensións sempre son un dos principais asuntos nas campañas electorais. Durante décadas lévanse utilizando como foco de atención xa que é un feito que xenera incertidume. Malia que moitos expertos aseguran que o nivel das pensións está asegurado, é difícil saber se poderemos manter ese mesmo nivel de vida despois de traballar. A todo isto debemos sumarlle que Europa é un continente envellecido e a esperanza de vida aumentou nos últimos anos polo que, a priori, pode que haxa menos traballadores que poidan sostelas.

Miguel Ángel Vázquez Taín é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e en Dereito, pola UNED, ademais de obter o seu doutoramento en Economía na USC. Actualmente é Profesor Titular de Economía Pública e Sistemas Fiscais na USC e Vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. É tamén presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas e decano-presidente do Colexio de Economistas de A Coruña dende o ano 2013.

Próximos eventos Ver axenda