Novas

Exposición "Rostros de ausencia" na Igrexa da USC

Compartir

 

Inaugurada o pasado 10 de setembro, a exposición "Rostros de ausencia" de Beatriz S. Saá estará aberta ao público na Igrexa da USC ata o día 27 de outubro (excepto os días 12 de setembro e 13 de outubro), en horario de 17.00 a 20.30 horas (de luns a sábado).

Esta mostra está composta por vinte obras multidisciplinares que seguen a liña de investigación sobre o alzhéimer na que a autora leva traballando varios anos e complétase con dous coloquios nos que participarán investigadores da USC e responsables das entidades galegas dedicadas ao alzhéimer, que terán lugar na segunda quincena de outubro.