Novas

Banda Municipal de Música de Santiago

Compartir

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela é unha das máis antigas de Galicia, xa que nace en 1848 como agrupación de afeccionados ata que en 1876, en mans do Concello, comeza a profesionalizarse. As súas actividades máis importantes eran os concertos, denominados paseos, na Alameda ou na Rúa do Vilar, as festas da cidade, as procesións de Semana Santa e os seus concertos, no Teatro Principal na temporada de inverno e na rúa do Vilar na de verán. Estas actividades seguen a celebrarse na actualidade, e inclúen ademais concertos didácticos, intercambios culturais e actos protocolarios do Concello.





Ao non poder continuar cos seus habituais concertos do domingo a causa do estado de alarma decretado pola pandemia da COVID-19, a Banda está a subir á súa canle de Youtube vídeos das súas audicións musicais. O obxectivo é que a cidadanía poida desfrutar da súa música, como o viña facendo ata que comezou a crise sanitaria.





Así, na canle atopamos pezas como a "Muiñeira de Florencio", para conmeorar o Día das Letras Galegas, o pasodobre "Compostela", dedicado á cidadanía de Santiago, o bolero "Mira que eres linda", para conmemorar o Día da Nai, ou "Bohemian Rhapsody", dedicado aos Corpos e Forzas de Seguridade, entre outros vídeos.





Canle de Youtube da Banda Municipal de Música