Novas

Venres, 29 de maio: Os retos do sector musical na era post COVID-19

Compartir

O 29 de maio a Cidade da Cultura organiza o terceiro dunha serie de encontros online con especialistas de distintos campos das industrias culturais e creativas. Os Foros #aculturasegue convidan ao debate e á análise dos retos aos que se enfronta o sector cultural na era post COVID-19. A actividade consta dun total de oito sesións en formato videoconferencia, que poderán seguirse de balde previo rexistro. Abordaranse temas como os desafíos que se abren ante os sectores da música, das artes escénicas ou do libro no contexto actual marcado pola crise sanitaria, pero tamén cuestións como novos formatos e mercados, novas fórmulas de xestión de dispositivos culturais ou o novo perfil de consumidor de eventos culturais.





29 MAIO | 18 H | Os retos do sector musical na era post COVID-19





Nesta terceira sesión abordaranse os desafíos aos que se enfronta o sector da música, e concretamente o ámbito da clásica, no contexto actual, marcado pola progresiva reapertura de espazos de lecer, as limitacións que afectan aos espectáculos en directo ou o auxe de novos formatos. Para tratar estas cuestións, contarase coa participación do ensaísta e crítico musical, Juan Ángel Vela del Campo, e da directora técnica da Real Filharmonía de Galicia, Sabela García Fonte, nunha conversa conducida pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira Marimón.





Máis información









Foros #aculturasegue. Reflexións sobre a cultura na era post-COVID19





Nas vindeiras semanas desenvolveranse as diferentes sesións que compoñen este ciclo de reflexión e debate. En conxunto, celebraranse un total de oito foros, centrados nos seguintes temas: