Novas

Xoves, 4 de xuño: Os retos do sector do libro na era post COVID-19

Compartir



O 4 de xuño a Cidade da Cultura organiza o cuarto dunha serie de encontros online con especialistas de distintos campos das industrias culturais e creativas. Os Foros #aculturasegue convidan ao debate e á análise dos retos aos que se enfronta o sector cultural na era post COVID-19. A actividade inclúe diferentes webinarios, que poden seguirse de balde en liña, sobre temas como os desafíos que se abren ante os sectores da música, das artes escénicas ou do libro no contexto actual marcado pola crise sanitaria, pero tamén cuestións como novos formatos e mercados, novas fórmulas de xestión de dispositivos culturais ou o novo perfil de consumidor de eventos culturais.

4 XUÑO | 17 H | Os retos do sector do libro na era post COVID-19


Nesta cuarta sesión abordaranse os desafíos aos que se enfronta o sector editorial no contexto actual, marcado polo impacto económico da crise sanitaria en editoriais e librarías, os aprazamentos en feiras ou presentacións de novidades editoriais, ou os novos desafíos do libro dixital. Para tratar estas cuestións, contaremos coa participación de Santiago Fernández de Caleya, director da editorial Turner, e de Anxa Correa, responsable de edición en Rinoceronte Editora nunha conversa conducida polo director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo Suárez.

Máis información



Foros #aculturasegue. Reflexións sobre a cultura na era post COVID-19


Nas vindeiras semanas desenvolveranse as diferentes sesións que compoñen este ciclo de reflexión e debate. En conxunto, celebraranse un total de oito foros, centrados nos seguintes temas: