Novas

Venres, 12 de xuño: Os retos do sector audiovisual na era post COVID-19

Compartir
O 12 de xuño a Cidade da Cultura organiza o quinto dunha serie de encontros online con especialistas de distintos campos das industrias culturais e creativas. Os Foros #aculturasegue convidan ao debate e á análise dos retos aos que se enfronta o sector cultural na era post COVID-19. A actividade inclúe diferentes webinarios, que poden seguirse de balde en liña, sobre temas como os desafíos que se abren ante os sectores da música, das artes escénicas ou do libro no contexto actual marcado pola crise sanitaria, pero tamén cuestións como novos formatos e mercados, novas fórmulas de xestión de dispositivos culturais ou o novo perfil de consumidor de eventos culturais.

12 XUÑO | 17 H | Os retos do sector audiovisual na era post COVID-19


Nesta quinta sesión abordaranse os desafíos aos que se enfronta o sector audiovisual no contexto actual, marcado polo impacto económico da crise sanitaria nas salas de cine, os aprazamentos en rodaxes ou presentacións, e os novos formatos e plataformas de distribución. Para tratar estas cuestións, contarase coa participación da directora de cine e guionista Carla Simón e do director xeral da produtora Portocabo, Alfonso Blanco, nunha conversa conducida polo director da Axencia Galega das Instustrias Culturais - Agadic, Jacobo Sutil.

Máis información


Foros #aculturasegue. Reflexións sobre a cultura na era post COVID-19


Nas vindeiras semanas desenvolveranse as diferentes sesións que compoñen este ciclo de reflexión e debate. En conxunto, celebraranse un total de oito foros, centrados nos seguintes temas: