Novas

Cursos de Radio Ateneo

A partir do 5 de outubro terá lugar un curso de formación co que se pretende adquirir os coñecementos teóricos e prácticos básicos para poder levar adiante o proxecto Ateneo Radio, así como recibir propostas de programación. Este curso, que comprenderá temas relacionados coa redacción de textos radiofónicos, locución, utilización dos micrófonos, edición e realización radiofónica, desenvolverase na sala de actividades do Ateneo (Praza de Salvador Parga, 4-2º) en dous grupos de menos de 10 persoas:

  • Grupo 1: do luns 5 ao xoves 8 de outubro en horario de 17h a 19h.

  • Grupo 2: do martes 13 ao venres 16 de outubro en horario de 17h a 19h.


PROGRAMA

DÍA 1

TEORÍA
-Qué é a Radio
-Características do medio
-A Linguaxe da Radio
-A palabra na Radio
-Os planos sonoros
IDEAS DE PROGRAMACIÓN


PRÁCTICA
-Tipo e uso dos micrófonos e gravadoras
-Como facer unha gravación co móbil, editala e pasala ao ordenador


DÍA 2

TEORÍA
-Redactar para falar
-Unidades fónicas fronte a frases
-O guión radiofónico
-A música na Radio
-Os cortes sonoros
-Efectos


PRÁCTICA
-Redactar un guión con texto e cortes sonoros


DÍA 3

TEORÍA
-Claves da Locución: Ler como se fala
-Vocalización
-Entoación
-Ritmo
-Actitude
-Exercicios


PRÁCTICA
-Tratamento da música. Como facer un corte musical.
-Técnicas de gravación e emisión on line.


DÍA 4

TEORÍA
Os xéneros Radiofónicos na Radio:
Noticia
Crónica
Reportaxe
Debates
Os Xéneros de Programación
Xeneralistas
Especializados
O Podcast


PRÁCTICA
            Gravar e editar un Podcast
A Emisión en Directo


PROTOCOLO SANITARIO (de obrigado cumprimento)