Novas

Andaina - V Etapa do Camiño Inglés

Compartir

O sábado 20 de xaneiro terá lugar a Andaina da V Etapa do Camiño Portugués que organiza o Real Aeroclub de Santiago, á cal os socios do Ateneo se poden sumar nas mesmas condicións que os do Aeroclub, en virtude do convenio de colaboración asinado entre ambas as dúas entidades.

Deste xeito, ás 9.00h sairá o autobús dende a rúa da Rosa dirección Caldas para comezar a V Etapa do Camiño, no seu tramo de 18,5 km ata Padrón. A chegada prevista a Caldas será ás 9.45h e, despois dun rápido refrixerio, comezarase a camiñar sobre as 10.00h.  Para os que o desexen ofrécese a posibilidade de facer unicamente 11,7 km dende Caldas ata San Miguel de Valga.

Inscricións: en recepcion@aerosantiago.es ou nas oficinas do Real Aeroclub en Xeneral Pardiñas nº 34, antes do xoves 18 de xaneiro ás 20h.

Prezo da inscrición: 18 euros

Forma de pagamento: nas oficinas de Xeneral Pardiñas no momento da inscrición.

A comida terá lugar en Padrón, no restaurante Chef Rivera ás 14.30h.
 

MENÚ(non obrigatorio)
Aperitivos da casa: empanada, mexillóns fritos, polbo á feira e gambas en gabardina.
Segundo prato a elixir entre Espalda de tenreira ou Merluza en salsa verde con ameixas.
Torta da casa, café, chupitos, viño branco Ribeiro e tinto Rioxa Crianza.
Prezo do menú: 30 euros por persoa. A comida abonarase directamente no restaurante e haberá que elixir o segundo prato no momento da inscrición.


O regreso a Santiago será sobre as 17.30-18.00h.

RECOMENDACIÓNS
 

  • Dispoñer de boa información de previsión meteorolóxica para adecuar o equipo.
  • Equipo de roupa e calzado adecuados á ruta. O calzado é moi importante, debe estar “afeito ao pé”, que teña una sola grosa, que suxeite o nocello e que sexa IMPERMEABLE.
  • Bastón de trekking, que axudará a reducir a fatiga e será moi importante para apartar a maleza.
  • Comezar a ruta ben alimentados sen esquecernos de levar bebidas e algo lixeiro e enerxético para tomar durante a marcha.
  • As gafas de sol, luvas e sombreiro poden ser moi importantes en función da climatoloxía.
  • A mochila facilitará a andaina e será fundamental para reciclar residuos, debemos ser moi respectuosos co medio ambiente coidando sempre a flora e a fauna.
  • É moi recomendable dispoñer dun bo equipo de ROUPA IMPERMEABLE.