Novas

Próximas visitas do Ateneo Viaxeiro

O Ateneo Viaxeiro ten previsto durante os meses de decembro e xaneiro levar a cabo unha serie de visitas guiadas, que se convocarán progresivamente, dependendo da situación sanitaria de cada momento, podendo ter que suspenderse no caso de aumentar as restricións, como xa ocorreu con outras propostas que estaban organizadas para o mes de novembro. Así, a previsión de actividades a realizar é a seguinte:
 

  • Visitas guiadas á exposición «As miradas de Isaac» no Museo Centro Gaiás:
    1. Sábado, 12 de decembro, 12h.
    2. Sábado, 16 de xaneiro, 12h.
    3. Sábado, 20 de febreiro, 12h. CANCELADA
    4. Xoves, 11 de marzo, 17h.

  • Visitas guiadas á exposición «Galicia, de Nós a nós» no Museo Centro Gaiás:
    1. Martes, 15 de decembro, 12h.
    2. Sábado, 19 de decembro, 12h.
    3. Venres, 8 de xaneiro, 17.15h.
    4. Sábado, 9 de xaneiro, 12.15h.

  • Visitas guiadas á exposición «Antón Patiño. Caosmos» no CGAC:
    1. Martes, 12 de xaneiro, 17.30h.
    2. Xoves, 14 de xaneiro, 17.30h.
    3. Venres, 15 de xaneiro, 17.30h.

  • Visitas guiadas ao Parlamento de Galicia e á «Mostra Bibliográfica de Ricardo Carvalho Calero»:
    1. Venres, 22 de xaneiro, 11h e 12h.
    2. Venres, 5 de marzo, 10.30h e 12h.

  • Visitas guiadas á exposición «Darío Basso. París, 1987-1992» na Fundación Gonzalo Torrente Ballester:
    1. Sábado, 23 de xaneiro, 18.30h. CANCELADA
    2. Sábado, 13 de febreiro, 13h. CANCELADA
    3. Domingo, 7 de marzo, 11.30h e 12.30h.

  • Visitas guiadas á exposición “Matria. Reina D’Hoore” da Fundación Eugenio Granell:
    1. Venres, 26 de febreiro, 17h e 18h.
    2. Sábado, 27 de febreiro, 12h.

Visita a Oleiros: exposición «Ensambleisaac» no Castelo de Santa Cruz, Museo Os Oleiros, Mera e Aula do Mar. Venres, 12 de marzo.

Visita a Goián: taller e sala de arte A+B de Arte Bronce Fundición Santa Tegra e Miradoiro Niño do Corvo.

Roteiro polo románico da comarca da Ulloa, guiado pola Historiadora da Arte Maricarmen Sánchez (pendente de data).

Visita guiada a Campo Lameiro (pendente de determinar).

Visita guiada ao patrimonio e ao Museo de Historia Natural da USC (pendente de determinar).

Do mesmo xeito, estanse facendo xestións para realizar outras saídas, as cales se irán publicitando a medida que a situación sanitaria o permita.